Reportaxes sociais

En defensa dos dereitos humanos

Os medios de comunicación seguen tendo un gran poder de denuncia social, aínda que cada vez sexa menos utilizado. Nun país como Guatemala, no que as violacións dos dereitos humanos por parte dos grupos de poder, tanto civís como armados, é case unha constante, necesítase que os xornalistas se comprometan activamente coa defensa das vítimas.

A vulneración dos dereitos dos pobos indíxenas, os abusos das forzas de seguridade do Estado, as graves consecuencias do conflito armado, as represalias do crime organizado, a violencia contra a muller ou a falta de acceso aos servizos básicos da poboación, mesmo aos alimentos, foron os temas que Lorena Seijo publicou no xornal máis importante do país, Prensa Libre, desde 2003 a 2009. Grazas a iso recibiu no 2007 e o 2008 o premio de Xornalismo en Dereitos Humanos. En moitos dos seus traballos tivo de compañeiro de viaxe a Emerson Díaz, que ademais de publicar en prensa o material fixo exposicións de fotos reflexando a vida dos nenos nos vertedoiros de Guatemala, as consecuencias da fame e a riqueza da cultura maia.

Organiza: Prensa Libre de Guatemala
Datas: 2003 – 2009