Crebinsky

Máis que unha película, un universo recoñecible

O filme Crebinsky, dirixido por Enrique Otero, acadou unha proxección pública salientable. A chegada ás salas de cine na primavera de 2011, cun importante éxito de público, foi o resultado dun traballo previo de divulgación e comunicación baseado na presencia pública e na presentación do filme como parte dun universo creativo máis amplo.

No verán e outono de 2010 varias cidades e vilas galegas acolleron a xira Universo Crebinsky, con proxección do filme e actuación da Banda Crebinsky, formación responsable da banda sonora. Despois veu o paso polos festivais de Pusan (Corea) e Málaga, onde recibiu dous premios. Cando se estreou nos cines, Crebinsky era xa unha marca recoñecida. En todo este proceso, Moisés Álvarez foi o responsable da comunicación.

Produce: Control Z, Chévere Visión, Zircozine
Datas: 2010 – 2011
Traballamos con: Alejandro Muñoz (Festival Films).