O Facebook é o espazo de comunicación dos nosos días. Organizar no seu interior unha crónica de política ficción a modo de folletín era a intención principal deste xogo literario que é Balada Triste de Moqueta.
Dende o 5 de maio ata o 10 de xuño de 2011, Camilo Franco foi deixando na páxina de Facebook de Casa das Crechas da historia do Concelleiro de Festas e Cultura. A historia dun traballador incansable a quen lle gustaría –como a todo o mundo- ter unha poltrona cómoda na que sentarse. Un home simple, que acata ordes, que organiza mítines, que reparte papeletas, que negocia, que calcula, que manilla, que debuxa plans nunha libreta e que vai vendo que ferramentas lle pon a vida na man para facer que se cumpran. Un home que aspira a pisar algún día a moqueta, esa herba intelixente propia da alta política…
O xogo literario completouse coa edición dun pack de camiseta e libro impreso que se repartiu na Casa das Crechas nunha festa que contou coa presenza do propio Concelleiro, xa investido alcalde, e máis coa actuación de Pepa Yáñez, Magín Blanco e Camilo Franco.
Podedes descargar de balde a Balada Triste de Moqueta completa, aquí (pdf, 4,7 Mb).
Organiza: Casa das Crechas e Nó Común.
Datas: 2011
Idea Orixinal: Camilo Franco.
Traballamos con: Ipanema Gráfica, Caligrama, Sacaúntos.