A baixa da autónoma

Hai un mes collín a miña primeira baixa médica. Despois dunha intervención cirúrxica, pola que estiven hospitalizada catro días, o médico de cabeceira recomendoume permanecer de baixa, polo menos, un mes. Comparto o que aprendín nesa experiencia. Primeiro, os pasos…

En Pública 12

Mañá xoves NóComún participará no Encontro Internacional Economía e Cultura que organiza a Cidade da Cultura. Sonia Díaz e Lorena Seijo presentarán o noso colectivo nunha sesión de Pecha Kucha coa que se pechará a primeira xornada do encontro. É…

Vertebrar

Houbo un momento no que ata lle pillei manía ao término, por manido. “Imos vertebrar o sector” era a máxima, que partía da crenza, case visión, dunha cultura galega proxectada no País e no mundo a partir da forza da…

O skyline da industria cultural galega

A pasada fin de semana os de NóComún estivemos no Culturgal por partida dobre: tivemos stand propio na feira, pero tamén nos encargamos da organización. Coa dirección de Sergio Lago, ata nove membros de NóComún nos implicamos na produción, programación,…

Vémonos no Culturgal

Esta fin de semana o Culturgal xuntará en Pontevedra á xente que crea, ve, deseña, escoita, produce, pensa, compón, actúa e goza a cultura galega. Nós vémonos facendo varias destas cousas, polo que NóComún tamén estará no Culturgal. Convidámosvos a…

Nócomún é un espazo de ideas flexible, innovador, creativo e colaborativo. Un conxunto de profesionais da comunicación e da cultura que temos na imaxinación, a paixón, o compromiso e a calidade o noso nó común. Un caixón de proxectos pasados, presentes e futuros. Unha rede de profesionais aos que recorrer e cos que colaborar. Este espazo deseñado por e para as ideas é un espazo virtual.

Non existe unha sé física e cada unha das persoas que formamos parte de Nócomún somos a nosa propia empresa. Compartimos obxectivos e experiencias profesionais. Compartimos unha maneira de pensar, de facer e de comunicar a cultura. Colaboramos de maneira flexible, horizontal e multidireccional, seguindo esta máxima: conta cos demais e os demais contarán contigo.

E, así, paso a paso, imos construíndo unha célula de creatividade feita á nosa medida, unha fórmula de colaboración profesional singular, versátil, dinámica. Esta célula de creatividade ten unha estrutura de dous niveis: unha rede de profesionais activamente implicados no proxecto e unha nube de profesionais, creadores ou empresas coas que mantemos unha relación frecuente, pero que non se integran

como parte do proxecto. As portas están abertas en ambos niveis. Para entrar en Nócomún tés que ser convidado por algunha das persoas que xa forman parte do proxecto, atendendo aos criterios de creatividade, complementariedade e compromiso que nos unen. Se queres saber máis sobre o proxecto, ponte en contacto con calquera das persoas que forman parte da rede.