A Punto, centro cultural del gusto

A Punto, centro cultural del gusto, naceu en novembro do 2009 da man de catro socias, profesionais do mundo do libro, a gastronomía e o viño. Inspirándose en experiencias similares en Nova York, Londres, Roma ou Viena marcouse os obxectivos de transmitir a cultura gastronómica e vinícola de forma cercana ao aficionado e compartir experiencias cos profesionais do sector. 

Este espazo único ubicado no centro de Madrid cubre un amplo abano de posibilidades culinarias como librería especializada, escola de cociña, sala de catas, centro cultural e de eventos.

Lucía encargouse da coordinación e o deseño dunha nova web que reflictira online a personalidade desta nova maneira de tratar e comunicar a gastronomía absolutamente novedosa en España.

Data: 2012
Traballamos con: estudiocaravana