“A importancia de facer as cousas ben”
Licenciada en Dereito e cunha ampla formación en técnicas de mediación, Sabela ten un alma creativa e unha mente poderosa. O seu traballo é solucionar problemas e, para facelo, conta cun arsenal imbatible: seis anos acumulando coñecemento na carreira xudicial e máis de cinco acumulando sabedoría como avogada e asesora xurídica.
Dereito laboral, administrativo, civil e penal, nada escapa da súa área de interese. Sen embargo, a súa visión está no sector creativo e cultural. Insiste en que na industria cultural hai moitas cousas que se poderían mellorar con cambios sinxelos na xestión e aspira a deixar de solucionar problemas porque os seus clientes os evitan antes de que xurdan.
Para Sabela a recompensa dun traballo ben feito é a oportunidade de facer máis traballo ben feito. As súas especialidades son a asesoría legal, as licitacións e concursos e a contratación.
Sabela é unha persoa activa, organizada, polivalente e eficiente que cre no traballo en equipo e no bo ambiente laboral.
RuralActual
The Beatles: Re-Volver