Comunicar, moito máis que palabras
Licenciada en xornalismo e ligada á comunicación cultural durante máis dunha década, Cristina traballa na xestión comunicativa levando a cabo campañas de promoción e publicidade, asesoría en comunicación e protocolo, organización de eventos e desenvolve labores como copy e community manager para proxectos ligados ao turismo, ao patrimonio, así como ao ámbito literario e musical. En relación constante cos medios, traballou para medios galegos e para a Administración autonómica e local, onde colaborou no deseño e xestión de campañas de comunicación e publicidade, e na organización de roldas de prensa e grandes eventos e elaborou contidos para webs.
Durante case seis anos traballou como xornalista no Galicia Hoxe e en O Correo Galego, e nos últimos anos como redactora e locutora na Radio Nacional Checa, na axencia 100×100 comunicación + creatividade, e en diversos medios impresos, online e programas de TVE. Levou a cabo accións de difusión e cobertura mediática do Observatorio Nacional de Termalismo, coordinou a exposición ‘A Catedral de Santiago, corazón de Compostela’, xestionou a comunicación da terceira edición do (S8) Mostra de Cinema Periférico da Coruña, e na actualidade, desenvolve o proxecto Sabor a mar de divulgación do patrimonio e o turismo nas redes sociais.
Cristina destaca pola súa iniciativa, resolutiva e conciliadora, goza do traballo en equipo, e sempre conserva pulos para enfrontarse aos contratempos.
Servizos NC para Proxectos Autoxestionados
Silvia Penide : Animal de Compañía
Azos Jazz
Obradoiro de Redes Sociais e Identidade 2.0.
(S8) Mostra de Cinema Periférico
Sabor a mar
Observatorio Nacional de Termalismo
Exposición A Catedral de Santiago, Corazón de Compostela
Paraíso