“Comunicación desde a proximidade”

Moisés é licenciado en Xornalismo, profesión que exerce desde diversas frontes. Hai dez anos abriuse camiño no campo da comunicación corporativa, traballando para a administración local e autonómica, tanto en trato cos medios de comunicación, como organizando roldas de prensa ou desenvolvendo materiais para a difusión pública.
Pouco a pouco foi enfocando o seu traballo cara á comunicación cultural, a partir da experiencia de participar na creación e desenvolvemento, ao longo de sete anos, do Festival de Cans de curtametraxes. Na actualidade dedícase á creación de contidos para publicacións e webs e á xestión da comunicación de proxectos musicais e audiovisuais, festivais e outras iniciativas culturais.
Entre as súas características persoais destacan por riba de todo a creatividade, ser un profesional con capacidade de decisión e sumamente responsable. Gústanlle os retos e os traballos ben feitos, polo que se compromete plenamente con cada novo proxecto que emprende.

Festival de Cans

Reperkusión

Servizos NC para Proxectos Autoxestionados

Culturgal

Festicultores Troupe: “Os Sadomusiquistas”

Web de Operación E

Festival de la Luz

Cilenis conxugadores

RuralActual