En Nócomún facemos realidade as ideas, as propias e as dos nosos clientes. Somos traballadores incansables da xestión e da difusión cultural e damos solucións eficientes a todo tipo de propostas creativas, ofrecendo unha mirada estratéxica sobre todo o proceso e poñendo o acento na xestión e na administración dos equipos de traballo. A nosa misión é contribuír á construción dunha ponte sólida entre a creación cultural e a sociedade e para facelo confiamos na forza da innovación, da imaxinación e do compromiso. Cremos que a comunicación e a cultura son dous polos indivisibles e poñemos a nosa mirada, os nosos coñecementos e a nosa paixón ao seu servizo.
Estes son algúns dos servizos que ofrecemos e dos proxectos nos que participamos.