Nócomún é unha rede de profesionais da comunicación e da cultura que compartimos ideas e proxectos. Somos un colectivo que, a través dunha marca e dun espazo virtual compartidos, busca aproveitar as sirnerxias para traballar máis e mellor no ámbito da comunicación, a xestión, a formación e a creación cultural.
Neste momento, a rede está integrada por once profesionais de perfís diferentes e complementarios vinculados coa comunicación e coa cultura: xestión cultural, recursos humanos, comunicación, creación de contidos, xornalismo, produción, deseño gráfico, deseño web, fotografía, audiovisual, formación, creatividade publicitaria, edición e creación artística.