A baixa da (nai) autónoma

As compañeiras do programa da Radio Galega Galicia por Diante decidiron aproveitar que o declive demográfico está de actualidade para falar sobre as baixas de maternidade e pedíronme que ofrecese a miña visión de traballadora autónoma. Se vos interesa, podedes…

As baixas da (embarazada) autónoma

Hai uns aniños xa que compartín a miña experiencia coa baixa da autónoma, a famosa prestación por incapacidade temporal ou IT. O texto anda por aquí e, con algunhas pequenas salvidades, aínda é válido. Agora, embarazada de 34 semanas, veño…

Tres anos pingando ben valen unha festa de aniversario (e benvida)

No post anterior falabámosvos de que este terceiro aniversario nos parecía bo momento para facer tres cousas: reflexionar, festexar e renovarnos. A renovación é un proceso constante e alimentalo é un dos obxectivos principais da xornada “Organizarse en rede. Experiencias…

Organizarse en rede

Hai tres anos que a nosa proposta de organizarnos como rede de profesionais independentes nos eidos da comunicación e a cultura callou en NóComún. Se tres anos son moito ou pouco tempo dependerá da perspectiva coa que se mire, pero…

Servizos NC para Proxectos Autoxestionados

Unha posibilidade real de achegarvos ao voso público En NóComún somos conscientes do importante que é para un pequeno proxecto autoxestionado darse a coñecer ante o público e do difícil que é para quen comeza unha aventura profesional ou creativa…

Nócomún é un espazo de ideas flexible, innovador, creativo e colaborativo. Un conxunto de profesionais da comunicación e da cultura que temos na imaxinación, a paixón, o compromiso e a calidade o noso nó común. Un caixón de proxectos pasados, presentes e futuros. Unha rede de profesionais aos que recorrer e cos que colaborar. Este espazo deseñado por e para as ideas é un espazo virtual.

Non existe unha sé física e cada unha das persoas que formamos parte de Nócomún somos a nosa propia empresa. Compartimos obxectivos e experiencias profesionais. Compartimos unha maneira de pensar, de facer e de comunicar a cultura. Colaboramos de maneira flexible, horizontal e multidireccional, seguindo esta máxima: conta cos demais e os demais contarán contigo.

E, así, paso a paso, imos construíndo unha célula de creatividade feita á nosa medida, unha fórmula de colaboración profesional singular, versátil, dinámica. Esta célula de creatividade ten unha estrutura de dous niveis: unha rede de profesionais activamente implicados no proxecto e unha nube de profesionais, creadores ou empresas coas que mantemos unha relación frecuente, pero que non se integran

como parte do proxecto. As portas están abertas en ambos niveis. Para entrar en Nócomún tés que ser convidado por algunha das persoas que xa forman parte do proxecto, atendendo aos criterios de creatividade, complementariedade e compromiso que nos unen. Se queres saber máis sobre o proxecto, ponte en contacto con calquera das persoas que forman parte da rede.