LOBOS

Lobos é unha curta documental producida polo Ciclo de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos do CIFP A Farixa (Ourense), centro público de Formación Profesional dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria coa colaboración de Xes Chapela na dirección e guión.

Lobos nútrese dos relatos orais deste animal para reflectir a vida dende as montañas fronteirizas da aldea de San Pedro de Pousada no concello ourensán de Riós.

 

 

Documental producido por A FARIXA. 2012

Dirixido por Xes Chapela de 7 minutos de duración.

 

A curtametraxe formou parte das prácticas integradas dentro da programación do 2011. Nestas prácticas combinanse as técnicas e os procedementos de profesionais do sector xunto cos coñecementos e coas competencias adquiridas polas alumnas e alumnos do ciclo durante o periodo lectivo.

Podes ver Lobos, no vimeo da Canle 4, a plataforma de comunicación do Ciclo de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos do CIFP A Farixa.

Organiza: Ciclo de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos do CIFP A Farixa
Data: gravado en xullo do 2011. Estrea no Auditorio de Ourense o 27/1/2012
Traballamos con:
Concello de Riós, Cristina Pérez, Tomás Lijó, Zulima Fernández, Víctor Fernández.