Unha homenaxe de artistas galegos ao Zeca Afonso
Un grupo de artistas galegos, co apoio de compañeiros portugueses e brasileiros, organizou a súa particular homenaxe ao cantautor portugués Zeca Afonso e a canción Grândola, Vila Morena, himno dunha xeración e dunha revolución.
O festival Terra da Fraternidade foi unha gala colaborativa, multidisciplinar e chea de cariño cara o cantautor portugués organizada por Xoán Quintáns e Bea Bugalho, pero no que participaron máis de 100 artistas de distintas disciplinas entre músicos, poetas, escritores, actores, cineastas, artistas cincenses ou deseñadores decidiron emprender este proxecto común, vencellados todos eles por un espírito colaborativo e horizontal, o mesmo que Zeca Afonso demostrou durante a súa vida. Non hai empresas polo medio, só xente a título persoal que se suma a causa. Un amigo tras outro amigo.
O 10 de maio de 1972, Zeca Afonso interpretou por primeira vez en público a súa canción Grândola, Vila Morena, no Burgo de Santiago de Compostela. De seguida esta melodía converteuse no símbolo da loita contra a dictadura e do compromiso social dos artistas. Ainda que este 2012 tamén se conmemora o 25 aniversario da morte de Zeca Afonso, este grupo de creadores optou por celebrar o seu valor e a súa arte, máis que o súa desaparición.
Os artistas que formaron parte do cartel e que donan o seu talento a esta homenaxe foron: Quico Cadaval, Uxía, García e Leo, Joao Afonso, Xabier e Guille Fernández, Tiago Gomes, Ico e Xurxo Souto, Carlos Blanco, Ses e Bocixa, Ze Rui, Trópico de Grelos, Aline Frazao, Fran Pérez, Uxía, Sergio Tannus, Vituco, Adrián Beiroa, Najla Shami, Brais Morán, Chévere, Joao Afonso, Pablo Portero, a Banda Fura Fura, Banda Utopía e os 7 Magníficos máis 1… e moitos máis.
Nócomún realizou a comunicación desde festival, xestionou as redes sociais e os medios de comunicación co fin de que o Auditorio de Galicia estivese cheo de xente e de espírito reivindicativo da memoria colectiva, sen invertir un peso en publicidade. Obxectivo conseguido.
Organiza: Xoán Quintáns e Bea Bugalho
Fecha: Maio de 2012
Fotógrafo: Óscar Corral