O coñecemento da linguaxe cinematográfica para os máis pequenos
O proxecto Audiovisual nas Aulas comezou no ano 2003 sendo pioneiro na formación audiovisual ás novas xeracións. Enmarcado no plan de formación do Consorcio Audiovisual de Galicia, o programa desenvolveuse ata o ano 2010. Estruturado en cinco fases –iniciación audiovisual, animación, televisión, novas tecnoloxías e dobraxe- que corresponden a accións fomativas impartidas durante o horario lectivo. Máis de 300 centros de ensino e 6.000 alumnos/as participaron no programa.
A Academia de las Artes y Ciencias Cinematográficas de España recoñeceu a calidade do programa outorgándolle o PREMIO GONZÁLEZ SINDE 2011.
NóComún forma parte do proxecto dende o ano 2003, ano no que Xes Chapela participou nas accións de formación específica para a creación do equipo de monitores. Posteriormente, nas edicións 2004/05, 2005/06, 2007/08 e na 2009/10 Xes foi monitor do programa en case 20 centros de ensino secundario da comunidade.
Organiza: Consorcio Audiovisual de Galicia.
Datas: 2004 – 2005 – 2006 – 2007 – 2008 – 2009 – 2010
Traballamos con: Consorcio Audiovisual de Galicia, Consellería de Educación Xunta de Galicia.