Todo o mundo sabe facer fotos, non? Esta é a idea xeralizada porque, mal que ben, todos/as temos unha cámara de fotos na casa. Pero, ás veces, non é tan importante darlle ao botón, como saber qué se quere contar a través das imaxes e qué se transmite realmente, cando unha cor predomina sobre a outra, ou cando aparece en primeiro plano unha persoa e non outra…
O Obradoiro NC de Fotografía para Escolares está deseñado para que o alumnado teña un contacto directo co mundo da fotografía, coñeza a súa linguaxe, descubra como funciona o proceso de captación de imaxes e aprenda a elaborar historias que lles permitan contarse a si mesmos e a súa realidade.
Durante o desenvolvemento do curso, o estudantado seleccionará colectivamente unha temática do seu interese que servirá como guía sobre a que ir aplicando os coñecementos prácticos, ademais de darlles a oportunidade de traballar en equipo e coñecerse mellor. Así, ademais perfeccionar a súa técnica fotográfica, o que van facer neste curso é moitas, moitas fotografías que despois terán que seleccionar e editar, para finalmente presentalas en público.
Que é a fotografía, Regras básicas.
A fotografía ten uns elementos básicos, máis alá da técnica ou a cámara que se empregue. A luz, a cor, o encuadre son vitais para poder contar o que queremos a través das imaxes.
As distintas formas de expresión fotográfica
O fundamental neste módulo é escoller un tema a fotografar, planificar a súa realización e aprender como realizar unha historia en imaxes. Analizaremos como se transmite a través de imaxes? Exercicio práctico: establecer unha mensaxe a transmitir, captar a imaxe, discusión conxunta da fotografía.
Que quere ser cada un dos alumnos? Un fotógrafo de deportes, un xornalista, un fotógrafo de moda, un artista, un fotógrafo de cine….
A técnica e o estilo. Hai que ter una técnica depurada, pero tamén un estilo propio. Cómo encontrar o teu propio estilo?
A práctica fotográfica
Selección do material e edición. Nocións básicas.
Exposición fotográfica común de todos os alumnos e alumnas.
Monitor:
Émerson Díaz emerson@nocomun.com